Betanzos mobilízase contra a madereira de Infesta, gran foco de emisións na contorna

A plataforma 'Infesta non se contamina' valora ir aos tribunais para facer cumprir a lei europea de emisións.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

As mobilizacións e ampliacións do tecido social coa defensa da paisaxe e a contorna como bandeira seguen a se espallar polo territorio galego. Nas últimas xornadas, a plataforma 'Infesta non se contamina' convocou unha reunión no local social da amentada parroquia coa fin de informar das xestións realizadas para controlar a acción contaminante dunha empresa chave na zona: a madeireira Betanzos HB.

A fábrica de taboleiros HB de Betanzos, antes Tafiber
A fábrica de taboleiros HB de Betanzos, antes Tafiber | Fonte: páxinas galegas

Dende a plataforma deslizan que a empresa estaría a incumprir as normativas medioambientais europeas, sinalando abertamente que o obxectivo das xestións desenvoltas até o momento sería, precisamente, facer valer tales indicacións da UE e, así, "limitar as emisións e verquidos" desta factoría.

De acordo coa plataforma, entre as accións realizadas están a visita e reunión coa empresa, Xunta de Galicia e mesmo a Fiscalía de Medioambiente. Á parte destacaron tamén a reunión con grupos políticos e o desenvolvemento dunha marcha arredor da fábrica. "Nesta asamblea, á que convidamos tamén aos grupos políticos municipais, acordaremos as novas accións a realizar, entre as que se poden aprobar unha nova iniciativa xudicial e elevar o problema aos parlamentos galego e europeo, entre outras", explican. 

A IMPORTANCIA DO EUCALIPTO

Os veciños de Betanzos e arredores estarán familiarizados coa longa columna de fume que emerxe dende a factoría, visible a varios quilómetros do lugar. A factoría HB produce taboleiros de fibra de alta densidade, é dicir, preparados a partir de madeira. O actual director xeral da compañía ten feito fincapé en diversas ocasións na importancia do eucalipto para co funcionamento da empresa e da economía galega no seu conxunto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta