Temas: ABUSO SEXUAL

Condenado por abuso sexual un home que lambeu a orella a unha veciña no ascensor

Deberá pagar unha multa de 3.960 euros e unha indeminización de 5.000 euros á vítima.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/03/2022 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou ao pago dunha multa de 3.960 euros a un home por abusar sexualmente dunha veciña en xullo de 2019 dentro do ascensor do edificio.

Xulgados de Santiago, en Fontiñas
Xulgados de Santiago, en Fontiñas | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

A Audiencia, que tivo en conta a agravante de abuso de superioridade, tamén lle impuxo a prohibición de aproximarse a menos de 200 metros da vítima, ao seu domicilio, lugar de traballo e domicilio dos pais, así como a prohibición de comunicarse con ela durante catro anos.

Ademais da multa de 3.960 euros, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), informa de que o condenado deberá abonar á vítima unha indemnización de 5.000 euros.

Os maxistrados relatan na sentenza que o sospeitoso, aproveitando que a muller subía con el no ascensor do seu edificio, pediulle que lle dese un abrazo, ao que ela accedeu "por ser coñecidos desde hai moitos anos e manter unha relación de amizade e veciñanza desde hai moitos anos".

Nese momento, segundo a resolución, "agarrouna fortemente polas nádegas, pasoulle a boca pola zona do pescozo e lambeulle o lóbulo da orella dereita, á vez que tentaba darlle bicos, ata que a súa veciña apartouno cos brazos, momento en que a vítima conseguiu saír do ascensor".

Temas: ABUSO SEXUAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta