A tuberculose en Galicia vai á baixa: 13 casos por 100.000 habitantes

A estratexia da OMS prevé reducir en 2030 un 80% a incidencia da tuberculose, co obxectivo de eliminar esta enfermidade en 2050.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2022 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

A tuberculose vai á baixa en Galicia en 2021, con 13,1 casos por cada 100.000 habitantes, menos que os 14,5 casos por 100.000 habitantes que había en 2020, segundo datos provisionais do Sergas. A Xunta conmemorará este xoves, 24 de marzo, o Día Mundial desta enfermidade, cando se cumpren 25 anos da posta en marcha do programa galego de prevención contra a tuberculose.

A estratexia da Organización Mundial da Saúde (OMS) prevé reducir en 2030 un 80% a incidencia da tuberculose respecto de 2015, co obxectivo de eliminar esta enfermidade en 2050. Sanidade destaca que se cumpriu "amplamente" o obxectivo de reducir un 25% no 2020 a súa incidencia en comparación con 2015. Alcanzáronse uns resultados satisfactorios dos tratamentos de tuberculoses pulmonares (97,4%) e de tuberculoses multirresistentes (89%), superiores aos obxectivos marcados pola OMS.

Mentres en 1996 se diagnosticaban 1.963 casos novos en Galicia, esa cifra caeu a 393 en 2020, o que supón un descenso do 80% nos 25 anos que leva activo o programa.

Tuberculose.
Tuberculose.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta