A distribuidora eléctrica de Naturgy soterrarará a liña de alta tensión de Carballo

UFD di que está tramitando todos os permisos para os traballos, que prevé iniciar este verán e espera que estean finalizados antes de que termine o ano.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/03/2022 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy, investirá máis de 3,7 millóns de euros na reforma integral da subestación eléctrica de Carballo e no soterramento da liña de alta tensión á entrada da instalación, segundo informa. As obras, explica, "permitirán mellorar a calidade e a fiabilidade da subministración eléctrica ás empresas conserveiras e madeireiras da zona, así como aos concellos de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Malpica de Bergantiños".

A actuación suporá a renovación completa e a blindaxe do parque de 66 Kv da subestación, coa instalación dun conxunto de celas blindadas de dobre barra no interior dun novo edificio na parcela da subestación. Dotarase ademais á instalación de novas tecnoloxías no telecontrol e sensorización, "o que implicará unha ampliación da súa capacidade e a mellora da calidade da subministración eléctrica, ao optimizar a fiabilidade e minimizar os tempos de resposta ante calquera incidencia".

A actuación inclúe o desmonte duns 850 metros de liña de alta tensión aérea e cinco apoios (ademais dos pórticos no interior da subestación), así como o soterramento da nova liña, permitindo minimizar o impacto visual sobre a paisaxe e a afección sobre o terreo. UFD está actualmente tramitando todos os permisos para os traballos, que prevé iniciar este verán e espera que estean finalizados antes de que termine o ano.

Edificio de Naturgy.. NATURGY - Arquivo
Edificio de Naturgy.. NATURGY - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta