Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2022 | Actualizada ás 13:53
O Goberno central, a través do Ministerio de Sanidad, concedeu a Cruz Sinxela da Orde Civil de Sanidade ao departamento sanitario galego pola coordinación da campaña de vacinación fronte á Covid-19, "como consecuencia do seu intenso e encomiable traballo que conseguiu que España sexa o país con maiores taxas de vacinación" da súa contorna.
Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que concreta que o Goberno entregará o vindeiro xoves, 7 de abril, con motivo do Día Mundial da Saúde, as distincións concedidas a organizacións, entidades e particulares polo seu labor no ámbito sanitario.
Sanidade resalta que nesta edición o Goberno "recoñece especialmente o esforzo conxunto na campaña de vacinación contra a Covid e que sitúa a España como referente a nivel internacional".
"GRAN LABOR"
"Galicia está á cabeza a nivel do Estado na vacinación contra a Covid, do mesmo xeito que o leva estando desde que se iniciou o proceso", indicou Sanidade, que lembra a "aposta da Xunta pola vacinación nos grandes recintos, que se desenvolveu de modo áxil, ordenado e cunha gran satisfacción tanto para os profesionais como para a cidadanía".
Así mesmo, a Consellería de Sanidade incide no "gran labor" realizado polos equipos de vacinación, que, matiza, "recibiron unha formación específica" para levar a cabo o seu labor, que posibilitou que Galicia "lidere o proceso de vacinación fronte á Covid", sentenciou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.