Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2022 | Actualizada ás 15:42
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, avanzou este luns que prevé levantar "como moi tarde" o vindeiro mércores a emerxencia sanitaria decretada o pasado 28 de febreiro debido á acumulación de lixo nas rúas a causa do conflito co servizo de recollida. En declaracións aos medios realizadas este luns, Rey explicou que aínda hai acumulación de lixos en "sitios puntuais" da cidade e asegurou que cando a situación se normalice "ao 100%" se levantará o decreto, "como moi tarde" o vindeiro mércores.
A alcaldesa informou de que as empresas concesionarias dos servizos de limpeza viaria e recollida de lixos están a traballar con normalidade. Segundo sinalou a rexedora, o persoal empregado está a facer "un esforzo" para regularizar a situación, "xa chegaron os novos camións" e están a traballar nas "quendas habituais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.