O BNG pide ao Goberno que "respecte os dereitos lingüísticos" e derrogue a Lei Mordaza

Rego pronunciouse así no Parlamento a raíz do polémico caso sufrido por un veciño de Rianxo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/04/2022 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego insistiu en reclamar ao Goberno Central que derrogue a denominada como Lei Mordaza e que se respecten os dereitos lingüísticos dos cidadáns, despois de que se lle impuxera unha sanción a un veciño de Rianxo que solicitara ser atendido en galego no seu centro de saúde e que, tras insistir na recepción do centro para pór unha reclamación por denegárselle este dereito, foi proposto para sanción por axentes da Policía Local.

Segundo comunicou o BNG nunha nota de prensa, os feitos ocorreron o pasado 19 de abril de 2021, cando un cidadán de Rianxo acudiu ao seu centro de saúde para realizar unha proba PCR e solicitou ser atendido en galego, pero "denegóuselle está posibilidade a pesar de estar no seu dereito". Mentres reclamaba na recepción do centro, a Policía Local presentouse no lugar e consideraron que o home incorría nunha "alteración da orde pública que merecía o inicio dun proceso sancionador".

Os axentes sinalaron que a reclamación desta persoa supuxo "un atraso na atención administrativa e sanitaria", polo que consideraron que "debía ser sancionada". Finalmente, a sanción -- de 601 euros -- foi confirmada pola Delegación do Goberno, que "considera acreditada a responsabilidade do denunciado".

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou iniciativas para que o Goberno explique se considera xustificada a resolución pola que se impón esta sanción, baseándose "unicamente" na declaración dos axentes da autoridade, "incluso existindo probas e testemuñas contraditorias coa súa versión".

DERROGAR A LEI MORDAZA

O BNG criticou que este feito é produto da vixencia da coñecida como Lei Mordaza, que os partidos do Executivo comprometéronse a derrogar, pero que aínda segue vixente. Ante este caso, os nacionalistas demandan "unha vez máis" a súa derrogación para "acabar con estes abusos". Néstor Rego lamentou que "a defensa activa dos dereitos lingüísticos dos galegos poida supor unha multa de varios centos de euros", ademais cunha sanción que ten como base "exclusivamente" a presunción de veracidade outorgada á declaración dos axentes de Policía.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego / BNG. / Europa Press
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego / BNG. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta