Aprobado por unanimidade o Plan Único da Deputación de Lugo, con 25 millóns para os concellos

Está destinado a creación de emprego e mellora da infraestrutura pública.

Por E.P. | Lugo | 05/04/2022 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

No pleno extraordinario celebrado este martes, a Deputación de Lugo aprobou por unanimidade un plan de investimentos destinado a creación de emprego e mellora da infraestrutura pública, en Plan Único 2022, que suporá unha inxección de preto de 25 millóns de euros nos concellos da provincia.

Pleno extraodinario na Deputación de Lugo
Pleno extraodinario na Deputación de Lugo | Fonte: Deputación de Lugo.

Deste montante, o 70% destinarase a reacondicionar vías públicas. Ademais, a institución provincial creará máis de 300 postos de traballo para axudar ao asentamento da poboación no rural.

Con este proxecto, os concellos tamén poderán investir no Servizo de Axuda no Fogar, facendo posible a atención a máis de 3.000 persoas nas localidades de menos de 20.000 habitantes.

A vogal socialista do Goberno, Pilar García Porto, manifestou que o Plan Único mellora a autonomía dos concellos. "Serve para dotar con fondos económicos aos concellos e darlles capacidade de actuación, xa que a maioría son pequenos e por si sós non son capaces de afrontar moitos investimentos", resolveu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta