Por Europa Press / Redacción | LUGO | 06/04/2022 | Actualizada ás 11:45
O presidente da Federación Galega de Hostalaría, Cheché Real, pide á Xunta que elimine as restricións no sector --actualmente segue en vigor a limitación de comensais por mesa, de 10 persoas en interior e 20 en exterior-- tendo en conta que os niveis de contaxios por Covid caeron.
Real lembrou que "no sector en Galicia aínda" se atopan "sen poder traballar ao cento por cento". "Que é o que permiten as nosas licenzas e queremos conseguir que se acaben coas restricións dunha vez", insistiu. Ao tempo, reclamou "ser incluídos nos créditos ICO". "Non sabemos o motivo polo que non se abarcou ao sector da hostalaría", dixo. Unha demanda que trasladaron por parte da plataforma Hostalaría de España.
"A ver como vai a Semana Santa, a ver se o tempo acompaña e máis que nada para pulsar como está a situación debido a todo o que aconteceu agora, coa guerra de Ucraína", dixo. AA iso súmase "a inflación gadoupante que hai coa subida dos carburantes e da enerxía, que a nós sobre todo aféctanos polo gas e a electricidade", engadiu. "Isto é un cóctel tremendo. A primeira proba ímola a ter en Semana Santa, ver a dispoñibilidade e o animo que hai por parte da sociedade", esgrimiu.
Tras ver como evoluciona o sector, o tamén presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo acreditou que "a situación non é nada boa". "Porque ademais vemos que hai unha caída importante en forma de peche de negocios na hostalaría a nivel do Estado e non só en Galicia", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.