O BNG propón unha reforma fiscal que faga o sistema "máis progresivo" e medidas "urxentes" contra a suba de prezos

Mentres se prolongue a situación de inflación, propoñen que se aplique a deflación da tarifa do IRPF, tanto autonómica como estatal.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/04/2022 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

O deputado do BNG, Néstor Rego, rexistrou para o seu debate no pleno do Congreso iniciativas para o impulso de medidas xustas e urxentes "para combater as consecuencias da escalada de prezos na economía de Galicia". Entre elas atópase unha reforma fiscal que faga o sistema máis "progresivo".

O deputado do BNG no congreso, Néstor Rego, no Congreso dos Deputados, a 30 de marzo de 2022
O deputado do BNG no congreso, Néstor Rego, no Congreso dos Deputados, a 30 de marzo de 2022 | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

Tal e como explicou a formación, reclaman impulsar unha reforma fiscal para dotar de "verdadeira progresividade o sistema tributario, empezando polo IRPF para aliviar a carga impositiva das persoas máis vulnerables".

Mentres se prolongue a situación de inflación, propoñen que se aplique a deflación da tarifa do IRPF, tanto autonómica como estatal, para que a tributación sexa sobre rendementos reais, así como modificar a normativa que regula as dietas de locomoción aumentando as contías límite de gasto, "canto menos ata 0,30 euros".

"O empobrecemento da sociedade debido á suba exponencial da inflación é un problema político e social de primeira orde", destacan, motivo polo que consideran "urxente" actuar e pór en marcha medidas que beneficien as maiorías sociais.

Nesta liña, sinalan que xa propuxeron accións concretas para que tanto o Goberno estatal como o galego "freen" as consecuencias da crise para os sectores máis vulnerables.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta