A Deputación da Coruña estreará o 23 de abril a peza de teatro experimental 'Tribunal'

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña estreará o 23 de abril a peza de teatro experimental 'Tribunal', desenvolvida durante o laboratorio LabCareixa, organizado pola área de Cultura da institución provincial. Esta peza, creada polo cinco artitas residentes, parte da obra 'El paseo de las esfinges' da dramaturga coruñesa Luisa Villalta.

O proxecto LabCareixa foi concibido como un laboratorio de teatro experimental e artes visuais que, a través dun novo proceso de experimentación, formación e creación artística colectivo, creou unha peza escénica, de natureza performática, explica a institución provincial.

Para a estrea no Pazo de Mariñán, en Bergondo, programáronse dous pases, un ás 12,00 horas, e outro ás 13,30 horas, previa reserva de praza para unha peza que aborda as imposicións de xénero, a reconstrución da identidade e os xuízos establecidos por figuras de poder, entre outros aspectos.

Teatro María Casares. REMITIDA
Teatro María Casares. REMITIDA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta