Prosegue a investigación sobre a morte do bañista golpeado por un barco en Sanxenxo

Axentes da Garda Civil toman declaracións e realizan informes para determinar que aconteceu.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 18/04/2022 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A Garda Civil toma declaración a testemuñas e realiza informes en relación á morte dun bañista golpeado por un barco o pasado venres na Praia de Silgar no municipio de Sanxenxo. Así o informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que indicaron que as pescudas pola morte deste home, un oftalmólogo da Coruña, están "en curso".

Por iso, apuntaron que dependendo do resultado das actuacións que se realizan, determinarase o posible delito, de así determinalo, pola morte dese bañista. O falecido, de 59 anos de idade, morreu tras ser golpeado por unha embarcación mentres nadaba no mar. Os feitos sucederon pasadas as 18,00 horas do pasado venres.

Varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do suceso e, en base á información facilitada polo Concello, o falecido, veciño da Coruña, nadaba con outra persoa e unha embarcación que non os viu, arroiounos. O seu compañeiro resultou ileso.

Por parte do 112 púxose a situación en coñecemento de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero 'Pesca I'. Ademais, requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil e do GES de Sanxenxo. Unha embarcación particular recolleu a persoa arroiada e trasladouna ao porto de Sanxenxo, onde os servizos médicos desprazados só puideron confirmar o seu falecemento.

Praia de Silgar, en Sanxenxo
Praia de Silgar, en Sanxenxo | Fonte: Minube

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta