Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/04/2022 | Actualizada ás 13:23
Un total de cinco entidades financeiras (Abanca, Banco Santander, BBVA, Sabadell e Caixa Rural Galega) están xa inscritas xa ao programa da Xunta de Galicia para que as estacións de servizos poidan facer fronte aos anticipos que están a realizar ao ter que rebaixar 20 céntimos en litro de combustible aos seus clientes.
O Executivo galego inclúe esta medida dentro do o seu Plan de Choque para facer fronte ao actual contexto económico porque o desconto activado polo Goberno central, destacan, provoca ás gasolineiras un problema de liquidez.
Nun comunicado, a Consellería de Economía sinala que se trata dunha liña de reavais por 60 millóns de euros que ten como obxectivo facilitar liquidez a todas as empresas galegas --con especial atención ás estacións de servizos-- para enfrontar a alza no prezo de determinadas materias primas como os combustibles. A contía dos préstamos oscila entre os 3.000 e os 300.000 euros, coa bonificación de 1,5% no tipo de interese. Préstamos que, segundo se desprende da comunicación oficial da Xunta, correrán ao cargo destas institucións privadas a pesar de que o orzamento autonómico deste 2022 supera amplamente os 10.000 millóns de euros.
No que se refire a os requisitos para acceder son: que o incremento do custo das materias primas estea por encima do 50% --o 20% no caso das gasolineiras-- que os gastos en combustible e subministración enerxética supoña, como mínimo, o 25% da súa facturación do ano pasado; o que se trate de empresas cunha exposición comercial nos mercados de Ucraína e Rusia.
Este programa ponse en marcha a través dun convenio entre o Igape --dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación--, as sociedades de garantía recíproca (SGR) e entidades financeiras, mediante o cal se avalarán operacións por un máximo dos 80 millóns. A contía restante (20 millóns de euros) é para outras tres liñas adicionais de reavais.
Nunha delas, as estacións de servizos tamén se atopan entre as posibles empresas beneficiarias de chamado reaval funcionamento, que lles permitirá acceder a pólizas de descontos de efectos, pólizas de crédito e instrumentos de circulante. No que respecta ás outras dúas liñas, están pensadas para apoiar investimentos produtivos, incluídos os de eficiencia enerxética, ou tamén para o acceso a avais do tipo técnico dos que adoitan ser necesarios para acceder a licitacións ou distintos contratos comerciais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.