“San Juan is back” e San Xoán de toda a vida

O mal tempo non impediu que milleiros de galegos saíran a desfrutar das cacharelas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/06/2014 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas celebraron esta madrugada a chegada do solsticio de verán con fogueiras, festa, sardiñada e viño.

Lixo na praia de Riazor tras San Xoán
Lixo na praia de Riazor tras San Xoán | Fonte: bluebrigadium.blogspot

A pesares do mal tempo e as chuvias intermitentes que, durante todo o día, caeron ao longo do país, os galegos saíron á rúa para festexar o San Xoán.  As festa máis numerosa tivo lugar no norte e no sur de Galicia. En Nigrán e Baiona concentráronse miles de persoas nas fogueiras que se fan ao pe da praia pero foi na Coruña onde a afluencia foi masiva.

Máis de 100.000 persoas congregáronse nos areais da capital herculina para desfrutar de miles de cacharelas reflectidas no mar. O lema, a diferencia doutros lugares de Galicia, que utilizou o reclamo tradicional do San Xoán, na Coruña preferiron o inglés para vender o "San Juan is back" (San Xoán está de volta).

As praias e rúas galegas amenceron con moitas das súas fogueiras aínda en chamas, con toneladas de lixo tras a celebración dunha noite máxica e algunhas rifas entre os grupos de mozos máis reticentes a apagar a festa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

7 Seixo

Como se pode ser tan paleto? Ah, sendo da cidade máis paleta, provinciana e retrógrada de Galicia: Lacuruña.

1 De Lalín

Seixo, es un racista. Ninguén ten máis autoodio ao que é Galicia que algúns naZionalistas galegos

6 Xacarandaina

Algúns semella que o tomades a coña. Pra mín é unha catástrofe, xa non só o feito de que o Concello da Coruña elimine o galego de calquer acto ou promoción en beneficio do castelán e do inglés (empregarían o sefardí antes que o galego...), se non porque toda festa ou tradición milenaria (coma o "San Juan is back") resúmese, hoxendía, a botellón e folleteo. Moi triste cara onde vai o ser humano como Ser presuntamente intelixente que cada vez está máis preto dos animais.

5 Doniños

Menuda pocilga de praia

4 Stech

"San Xoán is back", sería perfecto!

3 Galegófobo

Hai que buscar o reclamo turístico como levan facendo os cataláns toda a vida (hai unha clara intención de transformar coruña na Barcelona do atlántico versión low cost) A única diferencia é que eles non poñen o inglés por diante do catalá e son cosmopolitas e permeables sen perder a identidade. Danlle o seu toque identitario a cousas alleas e catalanízanas, ademais de ter as súas tradicións propias. Aquí pola contra conservamos todo en formol e decimos que todo o de fora e impuro ou barremos con todo rasgo identitario propio. Non temos termino medio. Por certo, eu tampouco vexo os ingleses facendo unha campaña en algo que non sexa o inglés. Claro que eso é o bonito de ser un imperialista...

1 León

En realidade "la Coru" sempre quixo ser o Madrid con praia, daí estas parvadas de mentes sen imaxinación nin visión para valorar o propio e saber vendelo, prefiren a imitación á personalidade.