Piden catro anos para a parella de Teo que lle roubou 150.000€ a un veciño

A vítima déralles acceso á súa conta bancaria e os investigados procederon a retirar os cartos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2022 | Actualizada ás 16:35

Comparte esta noticia

Unha parella de Teo enfróntanse a unha petición de catro anos de cárcere por quedar con 150.000 euros dun veciño, ao que convenceron para que lles dese acceso ás súas contas. O xuízo contra estas dúas persoas terá lugar o vindeiro venres na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela.

Os feitos iniciáronse no ano 2013, cando, segundo figura no escrito de Fiscalía, os acusados valéronse da relación de confianza co seu veciño para que este os autorizara a acceder en tres contas a bancarias ao seu nome, nas que, mesmo, chegou a nomear como titulares aos dous fillos da parella.

Durante os dous anos seguintes, os procesados realizaron numerosas operacións bancarias que sumaron un total de 150.000 euros, que foron parar a contas a nome da familia. Da cantidade supostamente estafada, unicamente foron devoltos 30.000 euros.

Por todo iso, Fiscalía acusa os proxenitores dun delito de apropiación indebida continuada, polos que pide catro anos de prisión para cada un dos procesados, aos que tamén pide unha multa de 3.600 euros. Por último, o Ministerio Público solicita o sobresemento provisional para a filla dos acusados.

Xulgados de Santiago de Compostela
Xulgados de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta