Os prezos industriais galegos dispáranse un 52%, a maior suba desde que hai rexistros

O incrementado ben dado polo aumento do prezo da enerxía.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2022 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Os prezos industriais galegos disparáronse un 52% en marzo en comparación co mesmo mes de 2021, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este luns. Este repunte é o maior de GAlicia desde que hai rexistros (desde 2003 no caso das comunidades), mentres acumula un ano consecutivo de alzas interanuais, pois o último descenso produciuse en febreiro de 2021.

O incremento dos prezos industriais galegos é maior que o da media española, que se sitúa nun 46,6% de avance. Esa subida alcanza o 121% en Asturias.

Respecto ao mes anterior, hai un aumento do 6,7% no caso galego. De media no que vai de ano, no acumulado do trimestre, a subida é do 12,3% en comparación co mesmo período de 2021. Por sectores, este aumento tan avultado débese ao incremento dos prezos da enerxía, un 164% en Galicia. A moita máis distancia atópanse outros como bens intermedios (+22,2%) e de consumo (+7,4%).

DATOS ESTATAIS

Os prezos industriais subiron en España un 6,6% o pasado mes de marzo en relación ao mes anterior e disparáronse un 46,6% en taxa interanual, 5,5 puntos por encima da de febreiro e crecemento marca en 46 anos.

Os prezos industriais galegos dispáranse un 52% en marzo de 2022 pola enerxía. EPDATA
Os prezos industriais galegos dispáranse un 52% en marzo de 2022 pola enerxía. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta