Entidades e partidos galegos queren recuperar o espírito dos Comités Anti-OTAN dos anos 80

Nace o Encontro Galego contra o Cumio da OTAN en plena invasión rusa de Ucraína.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/04/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O vindeiro 27 de abril presentarase publicamente en Compostela o Encontro Galego Contra o Cumio da OTAN. Nado o pasado 1 de abril, o Encontro está formado por diversas organizacións antiimperialistas e persoas a título individual "que comparten a repulsa ao belicismo promovido pola Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)", segundo indican os impulsores. Entre estas entidades están Anova, a FPG ou Ecoloxistas en Acción.

OTAN
OTAN | Fonte: arquivo

O seu obxectivo é realizar, de forma ampla, unitaria e democrática, diversas accións contra o Cumio que a OTAN celebrará en Madrid os próximos 29 e 30 de xuño. O acto de presentación terá lugar o 27 de abril ás 11:00 horas no Centro Sociocultural O Ensanche de Santiago de Compostela.

A este encontro asistirán varios integrantes da plataforma coa fin de dar a coñecer a iniciativa, a cal, recobrando o espírito dos Comités Anti-OTAN dos anos 80, "pretende mostrar o firme rexietamento do pobo galego a unha organización que ameaza a soberanía dos pobos en todo o mundo e é causante de guerras e milleiros de mortes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Eu pensei que o que causou milleiros de mortos e pasouse polo forro a soberanía dos pobos foi a invasión rusa de Ucrania. ¿ Estarei equivocado?