Os casos da Covid volven dispararse a case 2.000 e aumentan a 702 os hospitalizados

Outras tres vítimas mortais elevan a 3.336 os falecidos pola pandemia en Galicia e a taxa de positividade está disparada e multiplicada por sete.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Os novos contaxios de Covid-19 mantéñense en Galicia nos 1.728 --tres máis que o día anterior--, tras o que se elevan a 16.688 os casos activos no conxunto de Galicia, que implican 945 máis, mentres que os pacientes hospitalizados volven exceder os 700, con 702 ingresados --sete máis que a xornada pasada--. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta a un 35,5%.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do mércores, recollidos por Europa Press, descenden a 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia --dúas menos--, pero aumentan a 681 as ingresadas en unidades convencionais --nove máis--, mentres que 15.986 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana --o xoves 21 de abril-- había 636 hospitalizados, deles 15 en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Ferrol e Lugo; mentres que se alivia nas de Pontevedra-O Salnés e Santiago-Barbanza; e mantense na de Lugo. En concreto, na área da Coruña e Cee mantéñense dous pacientes Covid en UCI e aumentan a 171 os ingresados noutras unidades --un máis--; mentres que na de Ourense descenden a dous os críticos --un menos--, pero increméntanse a 112 os doutras unidades --dous máis--.

No caso da área de Vigo ascenden a catro os ingresados pola Covid en UCI --un máis-- e a 84 os doutras unidades --tres máis--; mentres que na de Ferrol aumentan a dous os críticos --un máis-- e a 66 os doutras unidades --cinco máis--.

Por contra, na área de Santiago e Barbanza baixan a dous os pacientes Covid en UCI --un menos-- e a 84 os doutras unidades --un menos--; e na de Pontevedra e O Salnés seguen dous en críticos e redúcense a 99 os doutras unidades --tres menos--. E, polo seu lado, a área sanitaria de Lugo rexistra sete pacientes ingresados en UCI pola Covid-19 --dous menos-- e 65 noutras unidades --dous máis--.

MÁIS CASOS ACTIVOS

Os casos activos seguen en ascenso en Galicia e sitúanse en 16.688, que constitúen 945 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (1.728) que altas (780), ao que se engaden tres falecementos. Hai unha semana --o xoves 21 de abril-- había 13.779 infeccións activas.

O aumento é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa da Coruña e Cee á cabeza (+196), seguida da de Vigo (+161), Lugo (+142), Santiago e Barbanza (+137), Ourense (+102), Ferrol (+97) e Pontevedra e O Salnés (+8). Así, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 3.326; seguida da de Santiago e Barbanza, con 2.729; Vigo, con 2.693; Lugo, con 2.483; Ourense, con 2.275; Pontevedra e O Salnés, con 1.890; e á cola continúa a de Ferrol, con 1.275.

Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo / Europa Press
Grupos de comensais sentados nunha terraza dun establecemento en Vigo / Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press - Arquivo / Europa Press

MÁIS DE 1.700 CONTAXIOS

No referido aos novos contaxios de Covid-19, detectáronse outros 1.728, fronte aos 1.725 do mércores, uns 1.483 o martes, despois de arrincar a esta semana con 794 novos casos abertos en 24 horas. Co novo protocolo xa non se contabilizan os autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral. Hai unha semana --o xoves 21-- rexistráronse 1.780.

Polo seu lado, a taxa de positividade --número de PCR positivas por cada 100 realizadas-- repunta ao 35,51% este xoves, tras situarse no 28,77% o mércores; en 20,6% o martes e comezar esta semana no 25,56%. Así, segue por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS

As vítimas da pandemia pola Covid-19 en Galicia aumentan a 3.336 despois de notificar a Consellería de Sanidade este xoves outros tres falecementos de pacientes con patoloxías previas.

En concreto, o pasado 25 de abril faleceu un home de 85 anos na área sanitaria de Vigo e o día 26 dúas mulleres de 97 e 87 anos nas de Lugo e Ourense, respectivamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta