Compromiso de Ana Pontón para o apoio á inclusión das persoas con discapacidade

O BNG transmitiu o seu apoio á creación dun fondo estatal de accesibilidade que facilite o financiamento nas comunidades veciñais con menos recursos e que, por tanto, poida facer efectivo o dereito á mobilidade, porque "a túa propia casa non pode converterse nun cárcere".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2022 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, mantivo este xoves en Madrid un encontro co Concemfe, Anxo Queiruga, entidade que traballa pola plena inclusión e participación social das persoas con discapacidade física e orgánica e que integra a preto dun centenar de entidades, entre elas, a galega Cogami.

Pontón, que puxo en valor o labor destas entidades, comprometeuse coa plena inclusión deste colectivo e apostou por medidas como a inclusión da fisioterapia en atención primaria ou a regulación laboral da figura do asistente persoal.

"Agradecerlles o labor que fan en defensa dunha sociedade igualitaria, porque non podemos esquecer que estamos a falar de garantir dereitos básicos como facilitar unha vida independente e o máis inclusiva posible das persoas con discapacidade, de evitar que sexan discriminadas e, por iso, urxe pór en marcha unha axenda que nos permita avanzar", aseverou.

Pontón comprometeuse coas demandas da Cocemfe, empezando pola modificación da lei de propiedade horizontal, para eliminar calquera traba á realización de obras de accesibilidade e mobilidade de persoas con necesidades específicas nas zonas comúns dos edificios, o que "suporía un gran avance na súa calidade de vida".

FONDO ESTATAL

A formación nacionalista apoia a creación dun fondo estatal de accesibilidade que facilite o financiamento nas comunidades veciñais con menos recursos e que, por tanto, poida facer efectivo o dereito á mobilidade, porque "a túa propia casa non pode converterse nun cárcere".

O Bloque sostén que, agora que o Congreso debate a lei de vivenda, é "un bo momento para levar a cabo unha modificación que garanta a accesibilidade nas vivendas a miles de persoas en Galicia e todo o Estado".

Outra das cuestións abordadas foi como garantir a autonomía das persoas con necesidades específicas sen que iso supoña o abandono do seu fogar. Un terceiro aspecto é unha axenda pola igualdade de dereitos das persoas con discapacidade, que pasa por impulsar un novo decreto para a valoración das persoas, para que "sexan recoñecidas moitas discapacidades que hoxe quedan fóra dese recoñecemento".

INICIATIVAS

O BNG levará, dixo Pontón, estas cuestións ao ámbito institucional, tanto a nivel galego como estatal. "Aínda que se deron avances, a día de hoxe seguen existindo demasiadas barreiras legais, físicas e sociais que impiden que as persoas con discapacidade desenvolver a súa vida con normalidade", remarcou Pontón.

Pontón lembrou que o BNG levou xa ao Parlamento a ampliación da carteira de servizos en atención primaria para aumentar o catálogo de servizos incluíndo, por exemplo, fisioterapia, "imprescindible para moitas persoas de tal maneira que, ter ou non ter este servizo, marca a diferenza na calidade de vida e mesmo en gañar anos de vida", sentenciou.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto ao presidente de Concemfe, Anxo Queiruga, nunha reunión en Madrid. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto ao presidente de Concemfe, Anxo Queiruga, nunha reunión en Madrid. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta