Cinco rutas polas zonas vinícolas de Galicia abrirán as portas das adegas en maio e xuño

Trátase de cinco propostas para coñecer as comarcas do Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/05/2022 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Cinco rutas polas principais zonas vinícolas de Galicia descubrirán as comarcas ligadas á produción de viño durante os fins de semana dos meses de maio e xuño. Trátase de cinco propostas para coñecer as comarcas do Ribeiro, Rías Baixas, Valdeorras, Ribeira Sacra e Monterrei. Cada unha será protagonista nos fins de semana entre o 13 de maio e o 12 de xuño.

A iniciativa foi presentada este luns nun acto que contou coa participación do conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, xunto ao director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luís Cabarcos, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. A XI edición das xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños de Galicia dedica un fin de semana a cada unha das comarcas, segundo explica a Xunta nun comunicado.

A primeira será a Ruta do Ribeiro (13 ao 15 de maio), posteriormente a das Rías Baixas (20 ao 22 de maio), seguida da de Valdeorras (27 ao 29 de maio), Ribeira Sacra (3 ao 5 de xuño) e, finalmente, a de Monterrei (do 10 ao 12 de xuño).

As persoas participantes, ças que se recomenda confirmar a visita por vía telefónica coa adega correspondente, poderán coñecer as instalacións de forma gratuíta, onde tamén se lles ofrece unha visita guiada. Ademais de menús en restaurantes e da posta en marcha do Bus do Viño para facilitar as visitas ás adegas, realizaranse sorteos na páxina de Facebook de Turismo de Galicia de noites de aloxamento para dúas persoas nos establecementos asociados.

As uvas dun viñedo de variedade treixadura, danadas pola sarabia, na adega Coto de Gomariz. Rosa Veiga - Europa Press
As uvas dun viñedo de variedade treixadura, danadas pola sarabia, na adega Coto de Gomariz. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta