Por E.P. | MADRID | 09/05/2022 | Actualizada ás 14:39
A ministra de Sanidade, Carolina Darias, destacou este luns a necesidade de seguir monitorando a incidencia do coronavirus en España, aínda que asegurou que está xa "perdendo intesidade" grazas, entre outros motivos, á vacinación.
"O que nos ocupa agora é seguir monitorando. O altísimo nivel de vacinación está a permitirnos encarar a pandemia doutra maneira. É certo que hai circulación do virus, pero non está a ter un impacto importante nos indicadores que nos alertan do risco, como é a ocupación de camas hospitalarias e de UCI", dixo Darias nunha entrevista na Sexta, recollida por Europa Press.
Dito isto, e respecto da administración dunha cuarta dose da vacina contra o coronavirus, a ministra de Sanidade reiterou que o seu uso se aprobará "cando e para quen" digan os expertos que estiveron asesorando ao Goberno durante a pandemia.
"Hai que seguir vixiando, monitorando para ver como vai a inmunidade e ver se agora ou é mellor facelo máis preto do outono porque será cando teñamos unha nova vacina adaptada ás novas variantes", resolveu Darias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.