Falecen 17 persoas con covid en Galicia nos últimos seis días

Todos eles tiñan patoloxías previas e máis de 72 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comunicou a morte doutras 17 persoas de entre 73 e 99 anos de idade pola pandemia da Covid-19 no conxunto de Galicia, todos con patoloxías previas, desde o pasado luns, cando había 3.432 falecidos, polo que ascenden a 3.449. Segundo informou este mércores Sanidade --ao ser o martes 17 de maio festivo non comunicou falecidos desde o luns--, o pasado 12 de maio faleceu un home de 78 anos na área sanitaria de Ferrol.

O 13 de maio morreron na área de Vigo un home de 81 anos e unha muller de 85; mentres que na de Ferrol faleceron un home de 91 e unha muller de 86 anos. O 14 de maio morreron na área sanitaria de Santiago e Barbanza un home de 86 anos e outro de 88; mentres que na de Vigo faleceu unha muller de 91 anos de idade.

Outro tres óbitos rexistráronse o 16 de maio nas áreas da Coruña e Cee, na que faleceron dous homes de 73 e 99 anos de idade, mentres que na de Santiago e Barbanza morreu unha muller de 93. O pasado 16 de maio perderon a vida no marco da pandemia un home de 79 anos e unha muller de 89 na área sanitaria da Coruña e Cee; e un home de 94 na de Pontevedra e O Salnés.

As tres últimas vítimas mortais notificadas por Sanidade corresponden ao pasado 17 de maio, o tres na área sanitaria da Coruña e Cee: unha muller de 89 anos e dous homes de 85 e 93 anos.

Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián dunha residencia
Un traballador sanitario totalmente protexido pecha a porta dunha ambulancia tras recoller a un ancián dunha residencia | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta