Folga do persoal da biblioteca municipal de Ferrol para demandar máis persoal

Representan ante o Concello o conto 'A biblioteca que quería ser escoitada'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2022 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O persoal da biblioteca municipal de Ferrol, situada na praza de España, secunda este mércores, 18 de maio, un paro e unha xornada de folga que motivou que as instalacións permanezan pechadas, sen atención ao público.

Ao mediodía, levaron as súas protestas á praza de Armas, ante o Concello, onde unha das traballadoras simulou contar "un conto" a quen a acompañaba, para representar desta forma "a situación e ver canto conto hai neste Concello", e que ten por título 'A biblioteca que quería ser escoitada', tal e como detallou Estefanía Gómez, funcionaria na biblioteca, delegada do sindicato CSIF.

"Narramos os problemas que tivo a biblioteca ao longo do últimos vinte anos, ver a situación na que estamos e que a pesar de todo non nos recibiron e non recibimos ningunha contestación por parte do goberno", xa que este colectivo o que reclama é que se dote de máis persoal para poder atender cun mínimo de garantías as persoas usuarias.

Gómez reclamou "solucións" e pide axuda "porque isto é insustentable". "Estamos a perder unha chea de usuarios cada día, non sei se se dan conta, pero evidentemente as persoas deixan de vir, porque é inviable", lamenta.

NOVO PARO

En canto á seguinte xornada de protesta, consistente tamén noutra xornada de folga de 24 horas, está convocada para o vindeiro xoves, 26 de maio, que coincidirá co pleno de fin de mes. "A nosa idea é vir para aquí pola tarde e buscar unha orixinalidade máis, porque parece que así é a única forma de que nos escoiten e non se esquezan de nós", indica.

Estefanía Gómez detallou que: "Todo o persoal está a apoiar este paro, incluso as catro persoas que empezaron a traballar hai un mes, de maneira temporal, tamén están aquí e deixan patente que a situación non é algo que nos inventásemos os que estamos alí todo o ano, e veo calquera persoa".

"Non temos pensado desconvocar nada, ata que polo menos senten negociar, xa que nós sempre estivemos abertos a dialogar, démoslles moitas alternativas e aínda non recibimos ningunha resposta", sentenciou.

Os traballadores da Biblioteca municipal de Ferrol secundan este mércores un paro para demandan máis persoal
Os traballadores da Biblioteca municipal de Ferrol secundan este mércores un paro para demandan máis persoal | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta