Por Galicia Confidencial | Vigo | 14/07/2014 | Actualizada ás 12:06
Un total de 25 traballadores de Pescanova en Andalucía abandonarán as súas protestas tras chegar a un acordo os seus avogados e a empresa para que perciban os soldos pendentes e recoñecerlles a baixa para o desemprego.
Os traballadores, dos centros de Ayamonte (Huelva) e Sanlúcar de Barrameda e San Fernando (Cádiz), estaban en situación irregular despois de que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que lles afectaba fose declarado nulo, polo que a empresa deulles de alta pero sen instalacións nas que xerar actividade, unha vez que se extinguiu a filial Acuinova, na que traballaban.
Pori so, decidiron iniciar varias protestas que poden ter chegado ao seu fin. Os seus avogados e a empresa chegaron a un acordo para que os traballadores abandonen a súa concentración ás portas da empresa en Vigo. Trátase dun acordo que podería acabar coa mobilización conxunta ás portas da factoría galega que protagonizan os traballadores dos centros andaluces, tras ser dados de alta de novo sen contar con centros de traballo para o seu labor.
Por iso, o que queren é que lles recoñecesen os 20 días por ano traballado para unha indemnización, "así como pagar os soldos pendentes", co matiz de que terían que pagar a diferenza entre o que cobraron de paro no seu día e o soldo, co que se alcanzaría o acordo.
De momento, o documento foi acordado polos avogados das dúas partes, á espera de que o consello de administración de Pescanova o estude desde mañá e se poida aprobar definitivamente.
Os traballadores agardan que se cumpla xa a sentenza do TSXG que obrigou á empresa a darlles de alta, pero sen centro de traballo, ademais de que a Seguridade Social reclama aos traballadores o diñeiro que cobraron por desemprego desde outubro, cando se iniciou o proceso, agora que terminou o proceso xudicial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.