Nomean 'Galego do ano' a Juan Manuel Vieites, presidente da patronal

O premio vén promovido por 'Vivir Galicia'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/05/2022 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, foi galardoado co premio 'Galego do Ano', promovido por Vivir Galicia. O xurado valorou "o cumprimento dos seus obxectivos fixados" ao asumir o posto de presidente dos empresarios galegos, ao "reforzar á patronal como representante do empresariado galego de maior importancia" e contribuír así a "conseguir unha maior relación coas administracións públicas e os axentes sociais ademais de impulsar a dixitalización e as enerxías renovables".

Así mesmo, tamén puxeron en valor que considere as relacións galaico-portuguesas como "unha prioridade á hora da internacionalización das empresas. Por outra banda, o xurado tamén destacou "o seu defensa dos alicerces básicos da economía (liberdade de empresa, unidade de mercado e defensa da libre competencia) e o seu apoio ao tecido produtivo galego a través do Plan de Recuperación Europeo para España".

O galardón entregarase o próximo 14 de xullo de 2022 no Gran Hotel da Toxa, no Grove, cunha gala homenaxe ao premiado, dentro dun encontro empresarial organizado por Cesuga.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, nun acto en Santiago de Compostela
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, nun acto en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta