Galicia administra 1.300 vacinas e completa a pauta doutras 565 persoas

O 93% da poboación está xa inmunizado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/05/2022 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

A vacinación contra a Covid-19 en Galicia prosegue nos hospitais do Servizo Galego de Saúde coa administración doutras 1.316 doses desde o pasado xoves, das cales 565 foron para completar pautas. Segundo os datos publicados pola Consellería de Sanidade este luns no 'Cronómetro de vacinación', recollidos por Europa Press, as doses postas ascenden a 6.656.189, tras ser administradas outras 1.316 doses desde o xoves.

Delas, un total de 565 foron administradas para completar pautas, polo que aumentan a 2.535.373 as persoas co proceso finalizado en Galicia, que supón un 93,88 por cento do total da súa poboación. Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, hai 20.605 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.406 dependentes non institucionalizados e 27.851 institucionalizados. Pola súa banda, 2.349.751 concluíron o proceso chamados pola súa idade. Por probabilidade de exposición, 76.336 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 28.802 do sociosanitario e 14.869 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

Unha muller recibe a vacina contra a gripe
Unha muller recibe a vacina contra a gripe | Fonte: Alberto Ortega - Europa Press - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta