O conselleiro de Medio Rural sostén que buscará a "máxima defensa" dos montes veciñais

O BNG critica que "non hai vontade" por parte da Xunta de colaborar coas entidades "para que poidan funcionar".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2022 | Actualizada ás 19:13

Comparte esta noticia

O conselleiro do Medio Rural, José González, expuxo que a reforma da lei de montes veciñais, que data de 1989, buscará a "máxima defensa" desta figura.

En resposta a unha pregunta do BNG no pleno do Parlamento, o conselleiro defendeu o proceso participativo para a reforma desta lei, "no que todos os interesados poden emitir valoracións que consideren oportunas", ao que se une a elaboración do libro branco previo ao anteproxecto con achegas para o consenso.

Así mesmo, o conselleiro lembrou que a necesidade da actualización desta lei foi detectada polo ditame da comisión de loita contra o lume do 2018. "Non imos tocar a natureza esencial dos montes veciñais", afirmou o conselleiro, quen sinala que se pretenden que "sexan rendibles" e "multifuncionais".

En cambio, María González Albert (BNG) criticou que "non hai vontade" por parte da Xunta de colaborar cos montes veciñais "para que poidan funcionar", posto que é "máis sinxelo facerse con eles" e "darlles un uso de cara ás empresas".

O conselleiro de Medio Rural, José González, no Parlamento de Galicia. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro de Medio Rural, José González, no Parlamento de Galicia. XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta