A biblioteca de Verín rende homenaxe a Domingo Villar nas IV xornadas de novela negra

Por E.P. | OURENSE | 27/05/2022 | Actualizada ás 11:57

Comparte esta noticia

A biblioteca de Verín renderá homenaxe ao escritor vigués Domingo Villar nas IV xornadas de novela negra que se celebrarán os días 3 e 4 de xuño na localidade ourensá.

No evento participarán escritores como Arantza Portabales, Xaquín F. Leiceaga e Alejandro Corral, así como un elenco de profesionais, que normalmente aparecen nas novelas deste xénero literario, como o excomisario de Vilagarcía de Arousa, Enrique León, o Comandante da Garda Civil Sección Homicidios da UCO, Víctor Souto, dous médicos forenses, o xornalista Rafa Cid e o xuíz José Antonio Vázquez Taín.

A organización explicou que quere recoñecer así a figura de Domingo Villar, que colaborou nas anteriores edicións deste evento e ademais foi o primeiro escritor que participou nas xornadas de novela negra da biblioteca de Verín no ano 2014.

Segundo detallou a organización das xornadas, Villar estará presente no escenario de todas as conferencias cunha imaxe, cedida para o evento, da xornalista e fotógrafa VictoriaR. Ramos, redactora e editora de medios en liña, ligada na actualidade a Zenda.

O escritor Domingo Villar.. CONCELLO DE VERÍN
O escritor Domingo Villar.. CONCELLO DE VERÍN | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta