O tribunal explica na sentenza que non se acreditou, máis aló de toda dúbida razoable, que o sospeitoso agredise sexualmente á muller cando ambos se atopaban no interior da vivenda deste.
  comenta   0
Os presuntos autores foron localizados en Madrid e Barcelona seis meses despois do crime, considerado un axuste de contas vinculado a redes criminais
  comenta   0
O monumento está formado por un pau de ferro que sostén dúas placas de aceiro cos nomes dos represaliados e o lema 'En recordo das vítimas da represión fascista entre 1936 e 1943 soterradas neste cemiterio'.
  comenta   0
O TSXG ratifica a condena. “O acusado era perfectamente coñecedor da fraxilidade emocional da vítima”,di. A Fiscalía pide cinco anos para un acusado de agredir sexualmente a unha menor de 16 anos de idade.
  comenta   0
A Comisión de Seguimento e Avaliación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero aprobou a moción do PP pola que insta o Goberno a implantar Unidades de Valoración Forense Integral (UVFI) en violencia machista en todas as provincias con persoal "suficiente e cualificado", con 18 votos a favor (PP), un en contra (Vox) e 10 abstencións (PSOE e PNV).
  comenta   0
Os axentes que prestaron declaración descartaron que puidesen afirmar se a orixe do analizado era por contacto ou transferencia, ao ser preguntados por iso por avogados da defensa.
A médica forense experta en psiquiatría que elaborou, xunto a outros dous facultativos, o informe psicolóxico do home acusado de asasinar á súa parella no barrio coruñés do Birloque, en setembro de 2021 tras querer ela romper a relación, cunha convivencia previa desde xullo, ratificou que "non presenta ningún tipo de patoloxía nin grave nin moderada".
O profesor xubilado Benito T.S., cuxo cadáver foi localizado no seu domicilio da rúa Areal de Vigo a principios de xaneiro de 2022, morreu pola combinación de varias agresións, as máis graves un golpe que lle afundiu o cranio e un corte profundo no pescozo.
Expón que a moza incorre en "imprecisións diversas" e "contradicións importantes", ou que o seu testemuño non é compatible coa súa forma de actuar durante a relación (e alude a que a propia moza falaba coa irmá do acusado, sobre a felicidade que sentía, e mesmo ante a eventualidade de quedar embarazada).
Este sábado cúmprese o prazo legal máximo de detención polo que, se chegado ese momento a súa situación non cambiou, será ingresado involuntariamente nunha Unidade de Saúde Mental, ata que as súas condicións melloren.
Deste xeito, ábrese unha nova convocatoria para facilitarlles aos traballadores que non cumprían os requisitos nos primeiros prazos o acceso aos graos I e II. Isto suporalles melloras nas anualidades e nas porcentaxes dos seus complementos retributivos.
  comenta   0
Tras a aparición do cadáver en Vigo, varios medios portugueses fixéronse eco das manifiestaciones da familia de Isabel Lima, unha muller portuguesa, natural da localidade de Caminha, a quen os seus achegados perderon a pista en setembro pasado e que sitúan na cidade olívica nesas datas.