Folk On Crest, JDC e Batea, finalistas do concurso do Festival de Ortigueira

O voto popular, con máis de 23.000 participacións, foi determinante nunha edición na que das 21 bandas, máis da metade chegaron desde fóra de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2022 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Tras o veredicto do xurado e do público, JDC, Batea e Folk On Crest son os tres grupos finalistas do Concurso Runas 2022. Así, os tres actuarán xunto aos finalistas das edicións de 2020 (Faíscas da Pontraga, Deira e Holiday Club) e 2021 (Groovy Celtic Band, Trikitrí e Germán Ruiz) no Festival de Ortigueira 2022. Da actuación dos 9 finalistas sairán os 3 gañadores que actuarán no ano 2023 no escenario principal.

Folk On Crest, JDC e Batea, finalistas do Concurso Runas 2022
Folk On Crest, JDC e Batea, finalistas do Concurso Runas 2022 | Fonte: Festival de Ortigueira

 

JDC é grupo liderado polo artista madrileño Jesús del Castillo que fusiona cultura e tradición coa electrónica. O grupo vigués Batea, que nace en 2020, é un proxecto netamente instrumental no que a sonoridade da música celta se combina coa do rock. O seu seis integrantes, músicos con traxectorias e formacións diversas, achegan cada un a súa visión ao proxecto para confluír nunha proposta musical única.  

 

Por último, o grupo salmantino Folk On Crest, gañadores da votación popular, fusionan a súa creatividade para crear un estilo propio, con mestura de temas tradicionais e de composición propia co obxectivo de exportar a música "charra" e da meseta castelán-leonesa.

 

Os tres grupos gañadores actuarán o martes 12 de xullo en #OMáisLongoDaHistoria, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo, coa actuación de máis de 40 formacións musicais, cun protagonismo principal para o folk feito en Galicia.

 

Ademais, a organización lembra que ata o mércores 8 de xuño se atopa aberto o prazo para presentar solicitudes para participar na Feira de Artesanía, así como para a adxudicación de espazos públicos para postos de restauración e hostalaría ata o xoves 23 de xuño. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta