Os científicos encargados do estudo sinalan que "as causas exactas desta caída aínda non están claras, pero crese que factores climáticos como o aumento da temperatura do mar, a acidificación oceánica e os cambios nos patróns de afloramento poden ser claves".
  comenta   0
Apareceu baixo unha batea situada fronte a praia de Arnela-Carnoedo, o mesmo logar no que se chegaron a localizar algúns efectos persoais da anciá.
  comenta   0
A I Recollida Simultánea de paus de batea nas praias de Galiza, impulsada por Limpiarousa, Sufrider España, Proxecto aMARte e Adega, conseguiu mobilizar ao redor de 300 persoas/entidades voluntarias a pasada fin de semana, e recoller uns 15.300 tarugos en tan só tres días.
  comenta   0
Elsa Astor Álvarez-Ossorio, da asociación We Sustainability, apunta que o que máis lles escandaliza cando van realizar recollidas de residuos ás praias é "a gran cantidade de lixo que atopan de xente que usa o inodoro coma se fose unha papeleira". Toparon de todo, "dende bastonciños para os oídos ata produtos de hixiene íntima e unha cantidade descomunal de toalliñas húmidas".
  comenta   0
Precisamente, unha das compañías que nos últimos anos lanzou estas viaxes é a naviera Piratas de Nabia, que recoñece que a súa Ruta do Mexillón pola Ría de Vigo é "a que mellor" resultados está a obter, xa que enche as súas prazas día tras día no verán.
  comenta   0
O conflicto está na decisión da empresa A Ostreira de ampliar as súas instalacións en terreo público, cando dispón de terreos privados ao carón das súas instalacións.
  comenta   0
Refírese en concreto á lei de 2012 de medidas temporais en determinadas materias do emprego público de Galicia, "norma que impuxo recortes de dereitos laborais que se manteñen a día de hoxe".
  comenta   0
"O motivo de que aínda haxa bateas desabastecidas é a limitación establecida pola Consellería das zonas históricas de traballo dos mexilloeiros", apuntan desde o sector.
  comenta   0