Aparecen dous grandes flotadores de batea na praia do Raso, en Ares

Tras discorrer por augas da súa ría, acabaron sobre a area.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 26/02/2024 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

Dous grandes flotadores dos utilizados para manter á boia bateas, apareceron na mañá deste domingo na praia do Raso, en Ares. Tras discorrer por augas da súa ría, acabaron sobre a area. Foron varios veciños os que alertaron ás autoridades da súa presenza na praia, na zona do cámping, onde nun primeiro momento Salvamento Marítimo barallou a opción do seu remolque antes de chegar á costa. Non entanto, esa operación descartouse ante o pouco calado da zona e agardaron a que finalmente quedasen depositados no areal.

Agora deberá de ser a empresa propietaria a que se faga cargo da súa retirada, tal e como aconteceu fai algo máis dun mes cun caso similar. Naquela ocasión tamén vararon outros dous grandes flotadores, a poucos metros de distancia, concretamente na praia do Xuncal, a cal está emprazada no centro urbano desta localidade.

Aparecen dous grandes flotadores de batea na praia do Raso, en Ares
Aparecen dous grandes flotadores de batea na praia do Raso, en Ares | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta