O mozo ferido na explosión dun hotel da Habana chega este luns a Galicia

Formoso asegurou que está "en moi bo estado físico" e que "se recuperou antes do que se prevía".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/05/2022 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, confirmou que o mozo galego ferido na explosión do Hotel Saratoga na Habana o 6 de maio, volve este luns a Galicia.

Nun acto en Boiro, Formoso asegurou que o mozo está "en moi bo estado físico" e que "se recuperou antes do que se prevía" --permanecía ingresado en estado grave--.

O rexedor das Pontes, de onde é natural o mozo, comentou que "está en contacto permanente coa familia", que o autorizou para agradecer a todo o servizo diplomático español e ao Ministerio de Exteriores "que se implicaron tanto nunha situación tan dolorosa que a familia viviu desde a distancia".

A explosión accidental no hotel causou, segundo as autoridades cubanas, 35 falecidos, entre eles unha turista natural de Viveiro e parella do veciño das Pontes que volve este luns, cuxa chegada a familia prefire manter no ámbito privado.

Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.
Explosión no Hotel Saratoga, na Habana (Cuba) captada cun móbil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta