Galicia manda en BTT

O vigués Toni Ferreiro, campión por segundo ano consecutivo na proba de descenso de ciclismo de montaña nos Campionatos de España en Panticosa. Pablo Rodríguez, ouro en cross country sub-23.

Por gcdeportes | Vigo | 21/07/2014 | Actualizada ás 00:04

Comparte esta noticia

Por segundo ano consecutivo, o galego Toni Ferreiro proclamouse campión de España de descenso en ciclismo de montaña. Foi na proba que pechou os campionatos estatais celebrados esta fin de semana, e por terceiro ano consecutivo, en Panticosa.

O vigués Toni Ferreiro, no alto do caixón.
O vigués Toni Ferreiro, no alto do caixón. | Fonte: @rfec

O ciclista vigués fixo unha baixada final sen apenas erros e rematou cun crono de 2:54.881, mellorando en catro segundos o tempo da clasificatoria e superando en pouco máis dun segundo ao segundo clasificado, Bernat Guardia (2:56.032), e en seis a Edgar Carballo (3:02.972).

“Estou moi ledo, baixei a tope e saiume ben. Máis ledo non podo estar. Nesta carreira, o importante é gañar. Cometín algún erro, pero cando baixas a tope... é normal. É un circuito difícil, estaba algo esvaradío, pero á fin tivemos sorte co tempo [non choveu]”, dixo o campión galego na mesma liña de meta.

O sábado, no mesmo campionato, o ourensán Pablo Rodríguez (MMR Bikes) proclamouse campión en categoría sub-23 de cross country e José Antonio Hermida (Multivan Merida), compite por Cataluña pero é de orixe galega, acadou o seu oitavo título en elite. Tamén na categoría sub-23, a galega Eva Álvarez, del CC Maceda, proclamouse subcampioa de España, e o cadete Andrés Quintela foi bronce na modalidade de descenso.

Pablo Rodríguez, campión de cross country sub-23.
Pablo Rodríguez, campión de cross country sub-23. | Fonte: @rfec
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta