María Canosa, a AELG e o proxecto Brazolinda gañan o XIII Premio Rosalía de Castro

Os galardóns están convocados pola Deputación da Coruña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/05/2022 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

A escritora María Canosa, na categoría de persoas; a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), na categoría de entidades; e o proxecto Brazolinda, para iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade, son as tres gañadoras dos XIII Premios Rosalía de Castro de Lingua que convoca a Deputación da Coruña. O certame quere recoñecer cada ano o labor na promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico de Galicia, tanto no ámbito da provincia como a nivel galego.

O xurado formárono María Muíño, delegada especial de políticas de igualdade e normalización lingüística da Deputación; Alexandre Marín, técnico de normalización lingüística do Concello de Culleredo; e os representantes de dous dos gañadores do certame en 2021, Carmen Denébola Álvarez, presidenta da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, e Carlos García, de Twitter en galego.

Á hora de outorgar o galardón a María Canosa, o xurado valorou o seu "compromiso firme coa lingua galega e longa traxectoria, que se reflicte nos premios recibidos e no recoñecemento e impacto social en múltiples ámbitos". Así mesmo, da AELG destacou "a súa longa traxectoria, con máis de corenta anos, de compromiso co sector literario galego nos seus diferentes xéneros, fomentando o uso e a defensa pública da lingua".

A autora María Canosa
A autora María Canosa | Fonte: Xerais

Finalmente, do proxecto Brazolinda, mencionou que ten como destinatarias as crianzas, cun "impulso das relacións interxeracionais en galego", así como "o fomento da normalización lingüística nos xogos de mesa, un espazo no que o galego non ten moita presenza ata o momento".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta