A "maioría" que quere cambiar as cousas en Galicia

Presentan un manifesto no que piden a presentación de candidaturas unitarias nas municipais que agrupe á “inmensa maioría" das persoas e organizacións democráticas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/07/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

“Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas, que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión”. Así comeza un manifesto que se presenta este martes e que ten coma lema “somos maioría”.

Inicio da protesta en Santiago para rodear a Cámara galega
Inicio da protesta en Santiago para rodear a Cámara galega | Fonte: Juan Fajardo

Precisamente, o seu obxectivo é promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, “subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación”.

Estas candidaturas terían que estar integradas por “cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía” e con programa con principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego. “Unha proposta coma esta ten sentido para agrupar á inmensa maioría das persoas e organizacións comprometidas coa democracia, coa defensa da maioría social e co dereito a decidir do pobo galego, para, en primeiro lugar, desaloxar á corrupción e poñer os concellos ao servizo do pobo e do noso País”, recolle o texto.

Os seus impulsores insisten que o seu obxectivo é “promover de abaixo arriba” iniciativas cidadáns que permitan “apartar aos corruptos dos concellos e poñer no seu lugar á cidadanía”.

Este é o manifesto que xa está publicado en http://somosmaioria.org/ 

Manifestación a favor da República en Santiago coa participación de varias forzas e asociacións
Manifestación a favor da República en Santiago coa participación de varias forzas e asociacións | Fonte: Facundo Reyna

TEXTO DO MANIFESTO 

"Somos maioría …"

Somos maioría as persoas que queremos cambiar as cousas. Que queremos facer deste país, Galiza, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión.

Porque somos maioría as persoas que non estamos dispostas a tolerar a desigualdade, o retroceso das condicións de vida dos máis para que uns poucos se enriquezan, o espolio e a privatización dos nosos recursos naturais e a degradación dos nosos sinais de identidade, moi principalmente da nosa lingua.

Somos maioría as persoas que pensamos que a orde social debe asegurarnos o dereito a un benestar e unha seguranza material mínima: a ter unha vivenda digna, a ter un traballo decente, a poder protexer a nosa saúde e o noso medio ambiente, a poder acceder ao ensino e á cultura.

Somos maioría as persoas que queremos aproveitar este momento de cambio para impulsar unha democracia avanzada, fundada nos valores republicanos da igualdade, fraternidade e liberdade.

Somos maioría as persoas que demandamos un grande entendemento galego para saírmos desta situación de empobrecemento, marxinación, e mesmo inanición polo ruín desgoberno que estamos a sufrir.

Somos maioría quen demandamos que exista unha alternativa de confluencia e unidade

que poña fin a este estado de regresión nos dereitos, liberdades e autogoberno.

… e temos que entendernos

Cando impulsamos este manifesto non queremos substituír a ningún partido e a ningunha organización. Só pretendemos, dende unha posición de democracia militante, alentar un proceso que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social.

A unidade non é para nós un recurso retórico senón un recurso natural, o máis valioso das xentes e dos pobos que non se resignan ante a inxustiza e a corrosión a que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de benestar laboriosamente construídos.

A nosa proposta

Sobre a base do que coidamos o común denominador da maioría social, defensa dos dereitos sociais como punto de partida para unha sociedade máis xusta, e do dereito da xente a decidir como parte esencial dunha democracia verdadeira:

- Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación

e emancipación.

- Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir da protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego. Unha proposta coma esta ten sentido para agrupar á inmensa maioría das persoas e organizacións comprometidas coa democracia, coa defensa da maioría social e co dereito a decidir do pobo galego, para, en primeiro lugar, desaloxar á corrupción e poñer os concellos ao servizo do pobo e do noso País.

Temos a certeza de que unha alternativa común coma esta pode ser amplamente maioritaria e protagonizar os cambios que Galiza precisa con urxencia.

Galiza xullo de 2014

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

14 Bautista do Untamiento

Unha boa idea, os promotores son de fiar, pero... Igual que non se poden tecer cestos con varas podres, non se pode conformar unha alternativa sen depurar partidos sistemicos que se fan pasar por esquerda. Falamos de IU e BNG, pensamos nos que pactan co PSOE e co PP por un anaco de tarta (Andalucia ou Extremadura de IU, bipartitos, deputacions ou concellos..., permitindo bastardos como os rexedores de Vigo, Lugo e Ourense, facilitados polos votos do BNG). Pensamos nos consellos de administracion de Bankia e nas caixas das preferentes, nos eurodeputados das Sicavs (Willy Meyer ou Camilo Nogueira), nos cheques ingresados na conta do BNG que conservan copia nas oficinas de Vendex en Madrid... Pensamos en que o control sexa exercido polos cidadans e non un por un aparato de partido cheo de obedientes amamantados. Quitando a graxa noxenta, o sebo abundante e o unto visible, ben vida a alternativa!

13 Quitade as caretas

Sería interesante, senon se agachara en todo esto, mais que unha burda tentativa de aniquilar o nacionalismo galego, e sustituilo pola esquerda progre e sistémica española. Que lidere o nacionalismo galego todos os procesos de frontes amplas, senon vai de comparsa. Pero non queren as forzas españolistas, nin siquera nos actos unitarios dó Día da Patria, por non verse envoltos con de berros pola independencia.

1 León

O nacionalismo galego aniquílase só, esperta.

2 José Manuel

Concordo. Que ten que pasar para que espertedes?

3 bktZ

Pois este semella nacionalista, pola xente que asina, olla.

12 León

Vin unha coma mal posta no terceiro parágrafo do Manifesto. Inasumible!! Queda invalidado!

11 Negrín

Avisei moitas veces que sen unidade o PPfascio metería na cadea á esquerda. Os obreiros xa están de camiño. Pero ninguén está disposto a ceder "purismo ideolóxico" e derrubar esta ditadura da dereita católica (PP-PNV-CIU-UPyD) e dos PSociolistos. Cando non haxa remedio entón como sempre terán que ser os xerenerosos os que se xoguen a vida por liberarnos dos cristofascistas.

10 Foucellas

País moi pequeno, todos nos coñecemos. Moitos anos de tirar a xente á cuneta gracias á ortodoxia. Moita xenreira, envexa e complexos. O PPfascio e os PSociolistos moi tranquilos. Por riba está a dicotomía esquerda españolista e esquerda nacionalista. Galiza sempre será a mesma por desgracia, sumisa e vasala do nacional-catolicismo-banca. Ogallá me trabucase.