Endesa converte a terminal portuaria de Ferrol en centro loxístico e recibe o primeiro buque

Cada atracada mobiliza un equipo de profesionais que van desde prácticos, remolcadores, amarradores, operadores da terminal, consignatarios, entre outros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2022 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A terminal portuaria de Ferrol converteuse, da man de Endesa, nun centro loxístico para carga, descarga e almacenamento de mercadoría xeral e graneis, dando servizo a empresas que operan no mercado internacional.

Este mesmo mércores programouse o atraco do primeiro buque desta etapa, o 'Maharaj', con 130.000 toneladas de carbón. Esta actividade resulta supón que as operacións se duplican, porque a carga entra e sae por vía marítima, co que tamén se multiplican por dous os servizos que se contratan.

Segundo explica, Endesa ten previsto un amplo programa de iniciativas para superar o peche da central térmica das Pontes, denominado Plan Futur-e. Nese contexto enmárcase a promoción do tráfico portuario na terminal ferrolá, onde a compañía opta por utilizala para prestar servizos a terceiros, co fin de "favorecer a actividade económica na comarca".

A empresa xa conta coa autorización oficial para operar con graneis sólidos e mercadoría xeral.

DESCARGA

O 'Maharaj' descarga 130.000 toneladas de carbón australiano, que permanecerán almacenadas na terminal ata que o propietario da carga decida o seu traslado a outro punto por medio de barcos de menor capacidade.

O movemento do mineral entre o barco e o peirao realízase con dous descargadores e un complexo de cintas; a área de almacenamento ocupa 60.000 metros cadrados, e conta cun dispositivo que garante as condicións ambientais idóneas, que ademais están certificadas.

Cada atracada mobiliza un equipo de profesionais que van desde prácticos, remolcadores, amarradores, operadores da terminal, consignatarios, entre outros. Prestar os servizos portuarios que precisa un buque requiren ao redor de 50 persoas.

De bandeira liberiana, o 'Maharaj' foi construído en 2015, ten 300 metros de eslora e 50 de manga. As súas toneladas de peso morto ascenden a 209.472, polo que se trata do buque de maior tamaño nunca atracou na terminal de Endesa e, por tanto, no porto exterior ferrolán.

Porto exterior de Ferrol. RAÚL LOMBA - Europa Press
Porto exterior de Ferrol. RAÚL LOMBA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta