Gañemos Vigo

Os últimos resultados da eleccións europeas demostraron que é posible gañar Vigo para a cidadanía, para políticas trasparentes, para presupostos participativos, para maior dialogo social, para xerar emprego e novamente unha ilusión colectiva.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 05/08/2014

Comparte esta noticia
Levamos moitas décadas gobernados polos partidos do sistema, que privilexiaban ás empresas amigas ou aos simpatizantes obedientes nunha política clientelar inmoral.
 
Tamén estes partidos gañaron as respectivas eleccións cos favores das empresas beneficiarias dos contratos municipais. Tanto o PSOE coma PP converteron á nosa cidade nunha urbe onde reina o cemento e a insolidariedade. Onde humanizan as beirarrúas, cando se debería humanizar as políticas sociais ao servizo dos máis necesitados.
 
A Esquerda debe de dar un paso histórico na cidade co obxectivo de gañar as eleccións para o conxunto da cidadanía. Onde os seus candidatos xurdan dunhas eleccións primarias abertas e esten representados os vigueses e viguesas que queren de verdade á nosa cidade e están dispostos a darlle un cambio profundo.
 
Como en Barcelona e en Madrid debemos impulsar un proceso cidadán amplo, plural e horizontal. Como nestas cidades pretendemos gañar Vigo para a cidadanía.
 
Esta é hoxe a nosa tarefa. Gañemos Vigo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.