Por E.P. | Santiago de Compostela | 05/06/2022 | Actualizada ás 20:02
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou que os populares galegos defenden o rural "con feitos e non con demagoxias ou fotografías". Neste sentido, destacou "as casas neno, o impostos cero ou a construción de centros de saúde" nesas zonas Rueda participou este domingo no XII Xantar da zona rural do concello de Lugo, no que insistiu en que os galegos teñen dereito "a todos os servizos vivan onde vivan".
"Temos un reto: conseguir que calquera persoa, viva onde viva, teña servizos que lle permitan realizarse, establecerse onde quere, dicir que quere formar familia ou decidir pasar o resto da súa vida alí ou o tempo que desexe pasar", manifestou.
Ademais, Rueda defendeu as "miles de parroquias" galegas como "a alma" de Galicia e subliñou que para o seu partido non son "as cidades por unha banda e o resto de concellos polo outro".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.