Denuncian "caos" en Urxencias do CHUS , con multitude de pacientes nos corredores

A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS di que este domingo houbo 15 pacientes clasificados como graves en padiolas nos corredores de Urxencias.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/06/2022 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

Fin de semana caótico nas Urxencias do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Así o denuncia a Asociación de pacientes e usuarios do CHUS que di que tanto o sábado coma o domingo acumularonse pacientes nos corredores das instalacións hospitalarioas.

Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago  (CHUS).
Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Así, se o sábado, día 4, a situación das urxencias do CHUS era  alarmante, o día 5 domingo as condicións do servizo "empeoraron drasticamente" aumentando os pacientes aparcados nos corredores e os que agardaban o ingreso en planta ata os 15 "clasificados como graves".

"A zona de críticos e monitores estaban cheas e 29 pacientes con ingreso asinado ocupaban a sala de observación en espera dunha cama. Nese momento tan só catro a tiñan asignada", indica a entidade nun comunicado. Ademais, suliñan que durante o sábado, pacientes con ingreso asinado agardaron mais de 24 horas polo traslado a planta e critican que 8 padiolas do servizo están pechadas por falta de persoal para atendelas e a xerencia mantén pechadas plantas do Gil Casares. 

A Asociación de Pacientes tamén tivo coñecemento a través dunha testemuña de S.M. que un paciente con síndrome de Down que ingresou un venres fai dous semanas, veuse obrigado a permanecer no servizo ata o luns pola mañá da semana seguinte. Ese día ás 18:00 horas ingresou en planta sendo dado de alta o martes. É dicir, pasou o tempo de atención nunca padiola nos servizos de urxencias o que debeu ser atención nunha cama hospitalaria.

"Seguen vulnerando o dereito dos pacientes a intimidade e a dignidade; sáltanse as normas laborais sobre seguridade no traballo colocando aos pacientes nas zonas de evacuación do servizo; empregan as urxencias como un depósito de pacientes en lugar de ser unha zona de atención inmediata de acordo co establecido na Lei de Saúde de Galicia e fan caso omiso dos estándares e recomendacións do Ministerio de Sanidade en relación co funcionamento dos servizos hospitalarios de urxencias", critica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta