Persoal da limpeza en Navantia Ferrol denuncia o incumprimento do contrato e convenio

Aseguran que a auxiliar non cumpre coas súas obrigacións cos traballadores nin coa empresa pública.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2022 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

Persoal da empresa Eulen nas instalacións de Navantia Ferrol, encargados do servizo de limpeza, secundaron no mediodía deste luns unha concentración ante a entrada principal do estaleiro naval público para denunciar o incumprimento do contrato e do convenio colectivo.

Segundo asegurou o presidente do comité de empresa, Marcos Vázquez, acábase de cumprir un ano desde que Eulen logrou a adxudicación desta encomenda da limpeza. "Está a incumprirse tanto o contrato coa propia Navantia como o noso convenio que tiñamos asinado coa empresa saínte e que agora din que para eles non ten valor", denuncia.

O representante dos traballadores detallou que desde a chegada de Eulen a este contrato "cinguiuse a comprar catro maquinarias de segunda man, case chatarras", mentres que o desacordo económico está motivado porque "este ano tocaba subir o IPC máis a diferenza pactada, que tiñamos dun 2,95, onde a diferenza é dun 3,05", a empresa interpreta que ten que darnos os atrasos, tal e como fixo, pero non o consolidan nas táboas salariais".

Segundo Vázquez, o contrato tamén estima que teñen que ser 104 os operarios nestas instalacións. "Actualmente somos 98 e aínda así estamos a entrar pola porta uns 50 traballadores, como moito", censura, o que supón unha maior carga de traballo aos operarios que acoden aos seus postos.

Nesta concentración tamén estivo presente o secretario xeral de CC.OO .Industria en Galicia, Víctor Ledo, que detallou que "Navantia está de perfil cando outorga este contrato a unha empresa que licita por un millón de euros por baixo do prezo, o que agora se traduce nesta situación". "Eulen non cumpre co cliente, como é Navantia, nin cos traballadores, a través do convenio, e aquí parece que non pasa nada", quéixase.

Concentración de traballadores de Eulen en Navantia Ferrol para denunciar o incumprimento do contrato e convenio
Concentración de traballadores de Eulen en Navantia Ferrol para denunciar o incumprimento do contrato e convenio | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta