Ferrol, na elite do baloncesto feminino

O Universitario xogará na máxima categoría tras dúas tempadas sen representación galega. A Federación confirmou a ampliación da Liga Feminina a 14 equipos. O COB agarda aínda unha resposta.

Por gcdeportes | Compostela | 26/07/2014 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Tres tempadas despois, Galicia contará cun equipo na elite do baloncesto feminino. Só sufriu tres derrotas en toda a tempada pasada (dúas en Liga regular e unha na fase de ascenso), pero o basket-average deixouno ás portas da loita final. Agora, gracias á ampliación da categoría, o Universitario Ferrol xogará a Liga 2014-15 na máxima categoría do básquet feminino.

Será a súa volta, tralo paso fugaz pola #LF na tempada 2005-06, na época en que o básquet galego tiña varios representantes na máxima categoría: Celta de Vigo, Extrugasa, Ensino Lugo...
A Federación Española de Baloncesto ven de confirmar a composición da Liga Femenina para a 2014-15, na que despois de dous anos con once e doce equipo, volverá haber catorce. Xunto co Universitario Ferrol estarán outros tres ascendidos: Guernika, Al-Qázeres e CD Promete. E seguirán dez do curso pasado: Rivas Ecópolis, Perfumerías Avenida, Gran Canaria, Bembibre, Spar Uni Girona, Cadí ICG Software, Gipuzkoa UPV, Mann Filter Zaragoza, CB Conquero e CD Zamarat. Renunciaron Burgos e Alcobendas.

O Universitario Ferrol, presidido por Leopoldo Ibáñez e adestrado por Lino López, busca xa un patrocinador co que poder armar un plantel de garantías para acadar o obxectivo da permanencia.

Un precedente para o COB

A Federación Española de Baloncesto ampliou a catorce os equipos da LF pola inscrición, entre outros, do Universitario de Ferrol, que despois presentou en tempo o aval de 70.000 euros. Aínda non tomou esa decisión na LEBOro, e o COB Ourense terá que agardar ata este luns. O presidente ourensán, Antonio Gavilanes, ten o apoio dos outros 14 equipos da categoría para ampliar a competición a 15 equipos, para deste xeito facer unha Liga máis atractiva. Polo medio anda tamén o Bilbao Basket, que quedou fóra da ACB e busca oco para seguir vivo, co que incluso podería chegarse a unha Liga de 16.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta