Formoso critica o modelo de transporte rural da Xunta e Goberno polos seus efectos na "Galicia baleirada"

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou o "deixamento da Xunta co seu propio territorio", sumou a denuncia sobre o sistema no ámbito estatal "daquelas liñas que conectan distintas rexións, onde hai un recorte".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/06/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reprochou a Xunta e Goberno o modelo de transporte en relación ao rural polos seus efectos na "Galicia baleirada", ao ser preguntado polo novo plan de concesións de rutas estatais de autobús, que na comunidade autónoma galega suporá a supresión de paradas.

A preguntas dos xornalistas, coincidindo cun acto organizado na Deputación da Coruña, que preside, lamentou que se "encha a boca" ás administracións de falar da España e a Galicia "baleirada".

En relación á Xunta, reprochoulle que coas novas concesións de transporte faga "desaparecer practicamente a 300 empresas familiares" e que o concentre "en tres grandes empresas, a maioría vinculadas a fondos de investimento". "E deixa sen as frecuencias mínimas practicamente a todo o territorio galego do interior".

Ao "deixamento da Xunta co seu propio territorio", sumou a denuncia sobre o sistema no ámbito estatal "daquelas liñas que conectan distintas rexións, onde hai un recorte". "Os intereses de Galicia están por encima das siglas, denunciamos o que se fai nun lado e noutro", asegurou o secretario xeral do PSdeG.

CRITICAS DO PP

Noutra orde de cousas, e preguntado polas críticas do PP, que acusou os líderes da oposición de "sobreactuar" tras a súa reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Formoso dixo que coas súas declaracións sobre o contido deste encontro puxo "negro sobre branco" nunha situación "que preocupa á cidadanía galega", ao trasladar decepción polo contido da mesma.

"Que pregunte Rueda a calquera usuario de Atencion Primaria que tenta que lle atendan por teléfono ou que teña que esperar 14 ou 15 días para ser atendido presencialmente ou no ámbito do diagnóstico especializado cando ten que esperar unha persoa por un resulado dunha proba 7 ou 9 meses".

"Hai que ser serio, solvente", dixo en alusión ao PP. Mentres, reivindicou a oposición "construtiva" do PSOE. "Non só sinalamos o problema senón a solución, estamos dispostos a sentarnos nunha mesa co orzamento 2023 para tentar igualar o que o resto dos territorios Estado teñen en Atención Primaria", dixo cifándoo nun 10% máis en relación a Galicia.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Rueda quere aproveitar este encue. Álvaro Ballesteros - Europa Press
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, á súa chegada a unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, a 6 de xuño de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Rueda quere aproveitar este encue. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta