Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 08/06/2022 | Actualizada ás 19:53
Un operario faleceu ao caer dunha altura de tres metros cando traballaba na reforma dunha casa no lugar de Rante, en San Cibrao das Viñas.
Segundo a informado o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 17,45 horas, cando o home caeu dun dos alicerces que arman a estrutura da planta superior da edificación.
Tras iso, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pediron a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que non puideron facer nada por salvar a vida do home.
Ademais, o CIAE 112 avisou á Garda Civil, a Protección Civil e aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.