O Concello da Coruña recibe 4.000 solicitudes de bolsas comedor para o próximo curso

"O maior número da historia do programa con 3.949 solicitudes, o que supón 559 solicitudes máis (un 16,5 %) que o pasado curso", explica o goberno local coruñés.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/06/2022 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña publicou este luns a listaxe para emendar documentación das persoas solicitantes das bolsas comedor para o próximo curso escolar, "o maior número da historia do programa con 3.949 solicitudes, o que supón 559 solicitudes máis (un 16,5 %) que o pasado curso", explica o goberno local.

O prazo para emendar a documentación será do 14 ao 28 de xuño, ambos os días incluídos. Das solicitudes recibidas, un total de 2.652 (o 78,6 %) presentaron a documentación completa, foron valoradas e terán asegurada a concesión da bolsa comedor.

Un 13,9% das solicitudes recibidas teñen que emendar documentación justificativa doutras circunstancias distintas da situación económica da unidade familiar. Por outra banda, un 18,9 % das solicitudes teñen que facelo por documentación referir a a acreditación do cumprimento dalgúns requisitos da convocatoria.

Comedor escolar. EUROPA PRESS
Comedor escolar. EUROPA PRESS | Fonte: JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta