Rueda mantén a oferta de pacto para que "goberne a lista máis votada" nas municipais

"Con todas as consecuencias", indica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/06/2022 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alfonso Rueda, mantivo a "oferta", no que a Galicia se refire e a un ano das municipais, para que "goberne a lista máis votada", pero advertiu de que "se se fai, (faise) con todas as consecuencias, non só onde 'me' conveña".

A preguntas sobre as informacións que apuntan que o PP facilitaría que goberne o PSOE se os socialistas o fan en Andalucía --no caso de que a aritmética o permita-- e sobre se, nese caso, a formación popular apoiaría en Ourense que goberne o PSdeG; Rueda remitiuse a que queda un ano para as eleccións municipais e que mantén a "oferta" de que "goberne a lista máis votada".

"É o normal, o lóxico e o que todo o mundo entendería moitísimo mellor. Cando me refiro a todo o mundo e á maioría, é porque estou seguro de que cando a xente vai votar, vai votar pensando que lle gustaría que gobernase a quen vota", expresou.

Así as cousas, Rueda sinalou que "queda un ano e moito tempo" para falar. "Iso si, se se fai, faise con todas as consecuencias, non onde me convén si e onde non me convén, non. As regras de xogo son iguais para todos", sentenciou o mandatario galego.

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda Valenzuela, preside a reunión do Consello da Xunta.. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

Mimá, estou de acordo con Rueda! Que o PP goberne os concellos nos que quede na primeira posición; e que permita os demais gobernar de seren os primeiros. Así desaparecerían na única deputación que teñen, e habían seguir fóra das sete cidades.

1 Veiga

"O mandado" de Feijóo e un caradura. Por que non predicou co exemplo en Ourense??. Como ve que se está quedando sen gobernos anda a argallar nivas tretas.....