Formoso replica ao BNG que "non todo vale en política" sobre o derrube do viaduto da A-6

O secretario xeral do PSdeG declarou que "xa abonda de ir facerse fotos, xa abonda de facer política con isto", que tamén deixou claro que un accidente destas características "pódelle pasar a calquera".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2022 | Actualizada ás 15:18

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, avogou pola "rigorosidade" para determinar os motivos que causaron a caída do viaduto do Castro, na A6, e respondeu ao BNG que "non todo vale en política".

"Cando falamos dun sinistro non se pode estar como primeira prioridade política buscando culpables", sostivo Formoso en declaracións aos medios este sábado en Santiago de Compostela e despois de que o BNG acusase a PP e PSOE de "silenciar" as responsabilidades neste suceso.

"Xa abonda de ir facerse fotos, xa abonda de facer política con isto", reclamou o líder do PSdeG, que deixou claro que un accidente destas características "pódelle pasar a calquera". De feito, lembrou que hai uns días "vivíase en Santiago un drama con 16 feridos nunha instalación da Xunta". "E nunca escoitaron unha palabra deste secretario xeral criticando ou facendo política" con este asunto, sostivo.

Formoso sinalou que, tanto o suceso de Santiago como o viaduto, foron accidentes e recomendou a "aqueles que dicían hai pouco que as autovías eran navalladas na terra e que agora van facerse fotos a ela" que proben a facer "política de altura", que tenten facer política "responsable" e que fagan caso da cidadanía que o que demanda son resposta.

Estas respostas, conforme apuntou, pasan por "esclarecer o que ocorreu" e licitar no momento posible a reconstrución. Ademais, considerou que non se debe falar de prazos concretos. "Cando falamos da seguridade e da vida das persoas o importante non é 10 minutos máis ou 15 días máis", senón que se actúe de forma rigorosa e que o ditame diga por que se derrubou o viaduto.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en declaracións aos medios. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en declaracións aos medios. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta