A Valedora recomendou á Consellería de Sanidade en 2021 "incentivos económicos" ao persoal de Primaria

Ademais, e de forma puntual polo momento para o centro de saúde de Baltar, en Portonovo, o Sergas asinou un convenio de colaboración co Concello de Sanxenxo para cubrir ata tres prazas de atención primaria durante a época estival na que o Consistorio proporciona a procura de vivenda para o factultativo, de fóra de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/06/2022 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

O informe anual da Valedora do Pobo de 2021, entregado este luns na Cámara galega por Dolores Fernández Galiño, dedica varias páxinas á situación do "déficit" de persoal na sanidade, especialmente, en atención primaria, na que se recollen centros de saúde con problemas de persoal, mesmo con expedientes de queixa dos propios profesionais.

Entre as suxestións que remite a defensoría galega á Consellería de Sanidade, atópanse a aposta por que o Sergas abrise unha "liña de diálogo" cos facultativos de atención primaria, co obxectivo de "establecer incentivos, de carácter económico ou doutra índole, que permitan cubrir ausencias e vancantes mentres non se soluciona o problema estrutural da escaseza de persoal cualificado para o posto".

Precisamente, a Administración sanitaria atópase en pleno proceso de negociación respecto diso de situación que vive este nivel asistencial e a "sobrecarga" que denuncian os profesionais de atención primaria, despois de que na última mesa sectorial --na que están representados os sindicatos-- se puxese encima da mesa un novo plus para compensar aos facultativos que traballan en centros de saúde con déficit de persoal, entre outras cuestións.

Ademais, e de forma puntual polo momento para o centro de saúde de Baltar, en Portonovo, o Sergas asinou un convenio de colaboración co Concello de Sanxenxo para cubrir ata tres prazas de atención primaria durante a época estival na que o Consistorio proporciona a procura de vivenda para o factultativo, de fóra de Galicia.

O informe do Valedor do Pobo, recompilado por Europa Press, inclúe que se recibiron "numerosos expedientes de queixa" en relación coa non cobertura e prazas vacantes do persoal facultativo en 16 centros de saúde da xeografía galega: A Cuña-Ourense, Anafáns-Poio; Baltar-Sanxenxo; Burela; Cabans; Cangas; Castrillón; Castro Ribeiras de Lea-Lugo; Coia-Vigo; Conxo-Santiago de Compostela; Illas Canarias-Lugo; Marín; Monfero; Noia; Vilalonga-Sanxenxo; e Vilanoviña-Meis (a máis numerosa, polo peche do consultorio).

No documento analízase, por exemplo, a situación dun facultativo de Vigo, que denunciou "unha sobrecarga asistencial" e advertía de "posibles consecuencias sobre o dereito á protección da saúde do facultativo e dos usuarios". Concretamente, indicaba que nas vacacións do outro facultativo, xa que só traballan dous médicos, tivo que atender unha cota de 2.800 persoas máis a poboación flotante.

"XÉRAME TENSIÓN E INSEGURIDADE"

"Por culpa desta situación, estou a atender unha media de entre 55 e 65 pacientes diariamente, coa sobrecarga asistencial que isto supón, limitando o acceso a pacientes que poidan solicitar asistencia e prolongado a lista de espera para recibir unha consulta", dicía a queixa, na que engadiu o facultativo: "Tal situación xérame un estado de tensión e inseguridade na miña actuación, obrigándome a non poder dedicar o tempo que se precisa para unha atención segura aos meus pacientes, supondo unha gran inseguridade para os mesmos, como efecto secundario da sobrecarga asistencial".

No marco da súa análise, a defensoría galega apunta que, "cando fracasan" as alternativas que manexa o Sergas, poderían incluírse a opción de estudar "incentivar aos profesionais doutros servizos sanitarios, por exemplo os facultativos que integran o 061, para realizar prolongacións de xornadas nos centros de saúde da súa área sanitaria".

Tamén ofrece a posibilidade de valorar que facultativos doutras especialidades compatibles co labor de primaria, e en colaboración coas sociedades médicas e os colexios, "poidan realizar esas prolongacións de xornada".

Concretamente, na suxestión remitida á Consellería de Sanidade, o alto comisionado apunta que "cando se precise cubrir a praza vacante dun facultativo" de atención primaria e "non se dispoña do persoal para facer a substitución", é necesario "desenvolver medidas que na práctica non redunden nunha posible sobrecarga asistencial do resto dos facultativos de atención primaria", como é o caso da intersustitución --cando excedan amplamente os parámetros que se consideran aceptables polas autoridades sanitarias--.

Deste xeito, suxire optar pola progolongación da xornada dos profesionais do centro de saúde ou doutros, na quenda compatible co seu horario laboral habitual, para "non contribuír á sobrecarga asitencial".

Así mesmo, considera que "sería conveniente", nestes casos, reforzar os mecanismos de información á poboación de maneira que coñezan as diferentes opcións de acceso ao servizo de saúde en en o caso de que poidan atopar problemas de acceso á asitsencia sanitaria orixinados pola falta de profesionais que permitan cubrir as ausencias.

MONOTORIZACIÓN

Doutra banda, por mor dunha queixa colectiva de facultativos de atención primaria da área sanitaria de Vigo, na que advertían de "sobrecarga asistencial que imposibilita o correcto desenvolvemento profesional", a Valedora do Pobo estima que se deben establecer "un sistema de monotorización dos diferentes parámetros que poden influír na prestación da asistencia sanitaria nos centros de saúde".

Nese sistema, engade, deben incluírse a demora nas citacións, a demanda do paciente e a porcentaxe de citacións presenciais respecto ao total, como "punto de partida para objetivar a situación laboral dos profesionais e a calidade asitencial".

A valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño, na presentación do informe da defensoría galega correspondente a 2021
A valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño, na presentación do informe da defensoría galega correspondente a 2021 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta