UGT denuncia que o novo calendario escolar co adianto das probas é un "desastre"

O sindicato ve "difícil" que o alumnado en dúas semanas poida recuperar materias suspensas e, aínda menos, o alumnado con necesidades específicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2022 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

UGT Galicia denunciou que o novo calendario escolar, co paso das probas de setembro a xuño, está a ser un "desastre" xa que "é difícil que se poidan recuperar materias en dúas semanas". Nun comunicado remitido aos medios, o sindicato lembra que cando se propuxo o paso das probas extraordinarias de setembro a xuño xa advertiu á XunTa de que iso non ía funcionar.

"Hoxe a realidade dálle a razón ao sindicato", asegura UGT, que ve "difícil" que o alumnado en dúas semanas poida recuperar materias suspensas e, aínda menos, o alumnado con necesidades específicas. Fronte a iso, UGT sinala que o reforzo debería ser "diferenciado" e "atendendo ás necesidades de cada alumno" e que, evidentemente, "imposibilita o labor do profesorado na aula".

"Xa naquel momento UGT Ensino tamén expresou as súas dúbidas de como se ía facer co alumnado que a día 6 de xuño tiña todo aprobado", sinala o sindicato, que asegura que por moito que se propuñan exercicios de ampliación, xa que sabía que na práctica iso ía ser "un conto".

Ademais, sinala que tamén expresou as súas dúbidas sobre como ía xestionar o persoal docente a nova situación e transmitiu a preocupación do profesorado á Consellería ante un final de curso que sería "caótico". "O profesorado desbordado para atender a todos e todas e con moitas faltas de asistencia por parte do alumnado", censurou UGT, que considera que esta experiencia debería facer recapacitar á Consellería.

Unha alumna traballa cun computador portátil. Eduardo Parra - Europa Press
Unha alumna traballa cun computador portátil. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta