Rueda mantén que un médico de Primaria cobra 65.000 euros máis gardas: "Son datos que me traslada o Sergas"

Responde as críticas dalgúns sindicatos sanitarios que lle acusan de mentir.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/06/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este luns que un médico especialista en Atención Primaria que accede ao sistema cobra 65.000 euros anuais máis gardas, unha cifra que lle valeu as críticas dalgúns sindicatos sanitarios que lle acusan de mentir.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda / David Cabezón - Xunta de Galicia. / Europa Press

"Son os datos que me traslada o Sergas, por tanto son datos obxectivos que a eles lles remito para acreditar que iso é así", respondeu Rueda antes do inicio do Comité de Dirección do PP galego.

O tamén titular da Xunta rexeitou falar de "mentiras" e reiterou esta cifra que deu nunha entrevista ofrecida o domingo á Cadena Ser. "Sosteño que o que cobra un médico de Primaria que accede é ese diñeiro máis unha media do número de gardas, que non sei exactamente cal é. Pero si, esas cifras que din son as que me traslada o Sergas", recalcou.

En concreto, na entrevista, Rueda referiuse ás críticas vertidas contra a Administración galega pola falta de facultativos e, aínda que dixo ser "consciente" de que o que fai "non é suficiente", apuntou que un médico de Primaria que ten o MIR aprobado cobraría "65.000 euros máis gardas". "Non creo que sexa un mal soldo", engadiu a continuación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 cognitio

Cando falan de salarios é que querem esconder o verdadeiro problema, acordádevos dos salarios dos controladores aéreos... todo dios na súa contra dende que filtraron interesadamente os seus salarios... hai que ver un pouco mais ala do salario.... Cando o teu irmán, pai, nai, filla está no hospital seguro que non te preguntas canto cobra esta xente... e senon imos todos a privada a ver quen morre entón.....

1 Tuico

El día que podamos escoger entre privada y pública, como hacen los de MUFACE, escogeremos el 83% la privada como hacen los de MUFACE, y eso que son funcionarios. Pero claro, para evitar que desaparezca la sanidad pública no nos dejan. Todavía hay clases.

3 correde correde sensatos....

22% de retención ...!!!! non sabes o que é unha nómina chaval....¡¡¡¡ Se queredes médicos que gañen 2500 euros ao mes e oficinistas que gañen 2000 ao mes é que tedes un problema, e logo o teremos todos, porque non haberá médicos que atendam as nosas enfermidades...

2 Riolo

E logo nin te miran cando vas ao centro de saúde. Pois entón que cada funcionario poña a súa nomina no mostrador. É soldo público e quen paga o soldo é o cidadán.Todos podemos coñecer o que gana un deputado, pero non os funcionarios que mantemos. A realidade de España é que o soldo é de 23.000 euros brutos, 20.000 no sector privado e 29.000 no público. En Galicia é menos.

1 Bismutiño

Isos soldos son unha animalada nun país onde o traballador medio e moitos profesionais son mileuristas. Aínda é peor cando a metade dos especialistas traballan á tarde na consulta privada na que beneficianse das lista de agarda da sanidade pública que eles mesmos non atenden.

1 Alicia

Eu son médica de atención primaria e ese soldo é mentira.

2 sentidiño.....

Hai que informarse antes de botar por fora. 1º son brutos, líquidos serían uns 2800 e habería que ver si incluen extras. 2º, son médicos e enfermeiros non oficinistas. Hay moitisimos funcionarios oficinistas que cobran 2400 -2100 euros líquidos ao mes por estampar un selo nun papel. Eso si que é unha animalada. A xente ten que cobrar dignamente sexa oficinista ou médico e sexa traballo público ou privado. A cuestión é que non lle quere poñer coto aos soldos neste país.... si a xente soubera dos soldos públicos e das diferencias aberrantes ..¡¡¡¡¡

3 Gamela

Se son brutos, e dividimos entre 14 pagas e descontamos un 22% de IRPF vennos a quedar un soldo de 3.600 € netos ao mes... (?) Que efectivamente non está nada mal !